14:05  -  03 | 09 | 2010
INICIO - MAPA - CONTACTO
en
Galego - Castellano - English
INICIO



relleno































Mosteiro de Santa María de Oia

BENVIDOS AO
CONCELLO DE OIA


Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como a pedra do Rei Sol, dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ao astro rei durante o serán.

Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar.

Oia, nos seus 84 Km2 de superficie e cunha amabilidade dos 3000 habitantes, permite disfrutar dun espacio con grande número de lugares de interese. A grandiosidade do mosterio e o seu emplazamento, os restos das súas antigas fortalezas, e a misteriosa mensaxe da prehistoria que podemos percibir a través dos petroglifos, ou as construccións tradicionais da arquitectura rural galega... todo iso nun marco natural, no que a simbiose entre a montaña, e o mar e o ceo farannos caer nun embruxo.

Tanto usando a estrada C-550 que atravesa o concello pola costa, como usando as pistas que comunican cos núcleos do interior, pódese disfrutar dunha natureza única no Suroeste de Galicia, complementada cunha variada gastronomía, omnipresente nos restaurantes e bares da zona.

OS CURROS



fotografia dun curro
Entre Maio e Xuño, se celebran Os Curros, que son un dos espectáculos máis populares e concurridos da bisbarra; consisten no acorralamento dos cabalos salvaxes da montaña, e o seu encerro, e posterior rapado e marcado... [+] info


NOVAS




Contratación laboral de 3 condutores de vehículo motobomba
O Concello de Oia convoca as bases para a contratación de 3 prazas de condutor de vehículo motobomba en réxime laboral de duración determinada (3 meses e medio).
O prazo de presentación de instancias é de 3 días naturais contados dende a publicación do anuncio no periódico Atlántico Diario.

[+] info

OBRADOIRO DE XINAXIA DE MANTENEMENTO PARA MAIORES DE 65 ANOS E/OU PENSIONISTAS.
Actividade realizada por Cruz Vermella, gratuita a realizar nos mese de xuño, xullo e agosto no lugar a concretar cos interesados.
Información e inscripción no Concello en Servizos Sociais.

[+] info


O TEMPO

icona que indica ceo despexado


Temperatura: 20,6
Sensación térmica: 22,5

  Tendencia:     Vento:
Datos das 12:00
Fonte: Metogalicia
Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestructuras



BANDA DE MÚSICA



fotografia da banda de música
A banda de música da parróquia de Mougás forma parte do patrimonio cultural de Oia, por constituires a tradición musical do concello durante máis de 126 anos... [+] info

logotipo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia logotipo da Deputación de Pontevedra logotipo do Patronato de Turismo Rías Baixas
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es

Símbolo que indica contido XHTML 1.0 válido      Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas      Símbolo que indica contido web conforme ao nivel AA da recomendación de accesibilidade do W3C