A icónica pasou polo concello de oia

A ICONICA CRISTINA CORREA POMBAL ALCALDESA DE OIA

A Icónica, unha proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a pasada fin de semana

No primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda, que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado. Despois, o domingo, os participantes afrontaron o máis esixente, co dobre de quilómetros entre A Guarda e Tui. Tiveron que pasar polo Rosal, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho e Tui.

Foron case 150 as persoas que se aventuraron a realizar unha proba que tiña como un dos seus principais alicientes o poder facela na modalidade de marcha nórdica. Unha especialidade nova e que xa ten unha gran aceptación en Galicia.

A Icónica atravesou lugares emblemáticos, tal como era o seu obxectivo. Saíu das inmediacións do Mosteiro de Oia, un escenario de película. Alí tamén se citaron os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba, Oia, Cristina Correa, O Rosal, Ánxela Fernández, Tomiño, Sandra González e o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez. Eles xa coñecen a espectacularidade da travesía, pero experimentaron novas sensacións, do mesmo xeito que os participantes. O ‘Camiño Portugués pola costa’ tamén supón un aliciente para os peregrinos. Descubrilo formou parte da filosofía da Icónica.

Como non podía ser doutro xeito, á iniciativa uníronse os concellos de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Ambas as entidades tamén contribuíron co seu apoio á divulgación da zona. A maior parte dos case 150 participantes cubriron o percorrido, esixente por ser tan longo. E todos prometeron volver o próximo ano.

Pin It on Pinterest

Share This