A “avoa de Oia”, Purificación Granja, cumpre 104 anos

Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, vén de cumprir nestes días os 104 anos, un aniversario que festexou esta fin de semana rodeada da súa familia.

Como agasallos, o Concello fíxolle chegar á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.

A alcaldesa, Cristina Correa, visitou á “avoa de Oia” no mesmo día do seu aniversario para felicitala en representación do Concello e transmitirlle o agarimo e os bos desexos de toda a veciñanza.

Pin It on Pinterest

Share This