Se rehabilitarán dúas vivendas de mestres en Oia

A Xunta de Galicia financiará a rehabilitación de dúas antigas vivendas no Concello no marco da convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras vivendas de titularidade municipal.

A convocatoria para 2018 das axudas foi realizada no pasado mes de decembro, sendo concedida a rehabilitación de dúas vivendas no Concello de Oia.

As vivendas resultantes da rehabilitación serán destinadas ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples, que destinarán a vivenda a residencia habitual e permanente.

Os destinatarios das vivendas deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Pin It on Pinterest

Share This