Aberto o prazo de inscrición para un curso de risoterapia en Loureza

Oia acollerá un curso de risoterapia que se celebrará os luns pola tarde a partir do 7 de outubro na Abadía de Loureza. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.

A actividade desenvolverase os luns entre o 7 de outubro e o 30 de decembro, en horario de 17.00 a 19.30 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir no Concello de Oia ata o próximo 30 de setembro (tel. 639.32.94.93). O curso terá un prezo de 6 euros por persoa

A actividade de risoterapia está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais do Baixo Miño e enmárcase dentro da iniciativa Conectadas da Deputación de Pontevedra. Colabora tamén o Concello de Oia.