Acordo entre o Concello de Oia e os propietarios do cámping para dar luz verde á compra do terreo

Despois de varias semanas de dúbidas sobre o futuro da viabilidade da adquisición do terreo do antigo Cámping de Mougás, ao paralizar a propiedade as negociacións co Concello ante a aparición de varios compradores interesados, onte se lle deu luz verde á operación, tras a reunión mantida entre a Alcaldesa e os copropietarios do terreo.  

O Concello contará para a súa financiación, cun Convenio da Xunta de Galicia de 80.000 euros e o resto do montante se tomará do remanente, que se pode utilizar ao cumprir o Concello coas variables de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e débeda cero. O uso do remanente estará condicionado a súa aprobación no pleno extraordinario que se celebrará este Venres ás 9 h na Casa Consistorial.

A finalizade desta inversión é mellorar o entorno do antigo cámping “Pedra Rubia”, de aproximadamente 17.000 metros cadrados, recuperando parte destes terreos degradados, para un aproveitamento recreativo. É un terreo de importante valor paisaxístico, no entorno dunhas salinas romanas e do Camiño Portugués da Costa.