Actividades de nadal no Concello de Oia

Co motivo das festas de nadal, o Concello de Oia organiza diversas actividades en distintas parroquias para os rapaces do noso Concello.

O venres 22 de decembro, de 10 h a 13 h, haberá un Obradoiro de cociña na Casa Cultural de Viladesuso, no que os nen@s a partir de 6 anos aprenderán a facer galletas navideñas.

Do 26 ao 29 de decembro, en horario de 10 h a 14 h, teremos un Obradoiro de xoguetes creativos con material de refugallo, na Casa Cultural de Pedornes, para tódalas idades. Colabora a Deputación de Pontevedra.

O mércores 3 de xaneiro, de 11 h a 13 h, na Casa Cultural de Burgueira, temos un Obradoiro de Pulseiras para nen@s a partir de 6 anos.

O xoves 4 de xaneiro, de 10 h a 13 h, na Abadía de Loureza, nos nen@s a partir de 5 anos terán un Obradoiro de adornos e globoflexia.

O venres 5 de xaneiro, poderemos desfrutar da Cabalgata dos Reis.