Ampliado ata o 14 de decembro o prazo de inscrición no obradoiro de xoguetes tradicionais

O Concello de Oia amplía ata o próximo 14 de decembro o prazo de inscrición para un obradoiro de creación de xoguetes tradicionais que se celebrará dentro da Semana Cultural que desenvolve a Asociación Veciñal de Mougás.

As sesións se celebrarán no Centro Cultural de Mougás os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Dirixido a persoas de entre 6 e 99 anos, trátase dun obradoiro interxeracional no que poden participar membros da familia de distintas idades. A actividade está organizada polo Concello de Oia dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro de creación de xoguetes tradicionais deberán inscribirse no rexistro do Concello de Oia.