Analítica das fontes públicas

O Concello levará a cabo durante o mes de novembro, os pertinentes controis das augas das fontes públicas. Estas analíticas se fan por terceiro ano consecutivo, co obxectivo de que a veciñanza poida coñecer a salubridade de cada un destes espazos.

Os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios do Concello e na Web.

Seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade, ademais dos carteis nos que se indica que a auga non é apta para o consumo humano, que se colocarán naquelas fontes que non respeten os parámetros establecidos no Real Decreto, tamén se instalarán en tódalas fontes do Concello, un cartel no que se indica aos veciños/as que non existen garantías sanitarias sobre a calidade das augas, ao non estar sometidas a tratamento de desinfección, por provir directamente de mananciais.

Pin It on Pinterest

Share This