Arranca o proxecto -Rumbo ao emprego- en Oia e O Rosal

A formación será levada a cabo pola empresa Talentea RRHH e terá lugar no centros de formación ocupacional da Mata (O Rosal) e Pedornes (Oia)

Hoxe deu comezo no Rosal o programa "Rumbo ao emprego", un proxecto un proxecto promovido polos Concellos de Oia e O Rosal dirixido a mellorar a inserción laboral de 20 persoas desempregadas.

O proxecto comprende un curso de formación de 120 horas con prácticas en empresas de "Operario industrial polivalente", orientación laboral e acompañamento individualizado para a busca de emprego. Realizaranse tamén catro "píldoras informativas" de dúas horas e media de duración cada unha, abertas ao público en xeral, relacionadas coa busca de emprego, subvencións, etc.

A formación será levada a cabo pola empresa Talentea RRHH e terá lugar no centros de formación ocupacional da Mata (O Rosal) e Pedornes (Oia).