Aviso sobre a praga que afecta aos cítricos

Segundo se recolle na Resolución do 1 de xuño de 2017 (DOGA do 23 de xuño), o Concello de Oia está afectado pola praga que afecta aos cítricos e a outras especies ornamentais, chamada psílido africano dos cítricos.

É unha praga moi perigosa e que resulta totalmente letal para as plantas afectadas, polo que a Consellería do Medio rural establece a prohibición de movemento de todas as especies sensibles dentro das zonas afectadas, e a comercialización de froitos de cítricos con follas ou pedúnculos que procedan das citadas zonas (se só se trata do froito sen folla ou tallo sí poden ser  comercializados).

Esta prohibición afecta aos viveiros, e tamén a outros establecementos de venda de subministracións agrícolas, e demais lugares onde se poidan comercializar cítricos, como as feiras.

O incumprimento desta prohibición poderá ser considerada infracción grave. +info no 012.

Pin It on Pinterest

Share This