Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Andaina en Oia -Monumenta 2019

11 Agosto - 10:30 / 14:30

Organiza Xunta de Galicia- Consellería de Cultura

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30
Hora de regreso estimada: 14:30
Distancia: 6 km.
Dificultade: baixa.
Itinerario: na primeira parte da actividade, realizaremos o tramo do Camiño Portugués, e despois, visitaremos o mosteiro de Oia.
Observacións: camiño rural agás un tramo de poucos metros pola beirarrúa da PO-532.
Non hai zonas de sombra. Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 80 persoas.

Máis Información en:
e.mail,  julio.escoitar@gmail.com e teléfono: 619 63 72 11

Admisión por orde de inscrición.
Imprescindible inscrición, 26 de xullo ao 9 de agosto.

 

MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE

 

PUNTO DE ENCONTRO
No campo da festa do mosteiro de Oia. A zona de aparcamento é ampla.
Como chegar: coller a PO-532 Baiona – A Guarda e, á altura do km 34, tomar o desvío indicado para o mosteiro de Oia. https://goo.gl/maps/ FJn4ukfoaZKHqEeV7

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Existe o patrimonio xeomorfolóxico? Por suposto que si, e nesta andaina falaremos del e da súa relación coa arqueoloxía, polo que poderemos facernos unha idea da historia do clima e, por tanto, do cambio climático. Trátase dun tramo da costa que conta con numerosas testemuñas do pasado, como os depósitos sedimentarios antigos na beiramar, as saíñas romanas, os topónimos referentes a actividades mariñeiras xa desaparecidas e, por suposto, o mosteiro de Oia, que na súa evolución histórica sufriu vaivéns relacionados con crises ambientais e climáticas; por exemplo, o maremoto derivado do terremoto de Lisboa.

MONUMENTA DIVULGA
Nesta fermosa andaina, comprobaremos como o patrimonio é un ecosistema, ás veces invisible, que debemos aprender a sentir. Pasearemos por 3 km do Camiño Portugués, onde se escoita un dos grandes tesouros da paisaxe sonora de Galicia, debido á forza das ondas do océano Atlántico: o mesmo culpable da estrela gastronómica da zona, o percebe de Oia.

MONUMENTA ESCOITA
Faia Díaz Novo, membro de De Vacas, o coro Encaixe ou Apatacón, estréase en solitario coa colaboración de Hevi, músico urbano coñecido por Fluzo e Malandrómeda. Ao cabo leirín é o título do seu primeiro disco, un traballo moi especial onde cantigas e músicas populares foron interpretadas e gravadas entre ambientes sonoros en vivo.

MONUMENTA DEGUSTA
«Auga a ferver, percebes botar; auga a ferver, percebes sacar». Faremos unha pequena introdución a este crustáceo e ao seu sucedáneo vexetal, o codium.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Juan López Bedoya, xeógrafo físico e divulgador científico. Xoán Lois Vila,
percebeiro de Oia. Xoán Martínez, coordinador da visita guiada ao mosteiro de Oia.

 

Detalles

Data:
11 Agosto
Hora:
10:30 / 14:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,