Axudas a apicultura

Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia publica a orde de axudas do Plan Apícola 2018. Vai destinada a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Ten por obxecto subvencionar algún dos seguintes conceptos: asistencia técnica, loita contra as enfermidades da colmea, en particular contra a varroase e racionalización da transhumancia, mellora dos medios de transporte do material para o manexo das colmeas, sistemas de protección ou vixilancia antirroubo, mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas, subscrición de seguros de responsabilidade civil.

O prazo remata o 23 de abril. + info: DOG 23 de marzo e Concello.