Axudas ao alugamento de vivendas

Liñas de axuda

  1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda dirixidas a persoas con escasos medios económicos que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda ( nos termos da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos)
  2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, menores de 35 anos con escasos medios económicos, sexan titulares ou estén en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda (nos termos da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos)

Requisitos

  1. Posuír a nacionalidade española; se é estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
  2. Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda.
  3. Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere os importes establecidos no artigo 6 da orde (entre 300 e 500 euros dependendo do Concello)
  4. Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM. Este límite aumentará a 4 ou 5 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa ou ten persoas con discapacidade
  5. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.
  6. Atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social
  7. Non esta incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño

Cuantía

40% da renda mensual do alugamento e 50% para maiores de 65 anos e menores de 35.

Prazo

Ata o 11 de outubro de 2019.

Máis información

DOG 11 setembro (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2019/20190911/Secciones1_es.html