Axudas ao aluguer convocadas polo IGVS

Aprobáronse as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual e convocar estas axudas para a anualidade 2020

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España
  • Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano
  • Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar
  • Estar en situación de vulnerabilidade económica:
    • Pasar a estar en situación de desemprego, ERTE ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, e non alcanzar por iso o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar, desde a declaración do estado de alarma e ata un mes despois da súa finalización: * Con carácter xeral, o límite de 3 veces o IPREM, que se incrementa en función das circunstancias familiares
    • Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas, do mes anterior á solicitude da axuda resulten superiores ou iguais ao 35 % dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Contía

500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato.

Prazo

Prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.

Prazo de solicitude

Do 23 de maio ó 30 de setembro

Máis información

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200522/AnuncioC3Q2-190520-0008_gl.html