Axudas para actuacións de mellora paisaxística e embelecemento de bens no Camiño de Santiago

O importe será do 75 % do investimento subvencionable, cun límite de 10.000 euros

A Axencia Turismo de Galicia vén de lanzar a convocatoria de axudas destinada a actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu percorrido. Exclúense desta orde os núcleos urbanos consolidados.

Contía da subvención: O importe será do 75 % do investimento subvencionable, cun límite de 10.000 euros.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

  1. a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna: valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran opatrimonio etnográfico de Galicia(fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches,… e calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e á cultura do lugar).
  2. b) Actuacións sobre a casa e a eira:
  • Actuacións de mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona (madeira, pedra, pintura e calquera material que harmonice coa contorna e coas súas cores).
  • Actuacións de mellora dospuntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos..
  • Actuacións de mellora nas edificacións auxiliares, como adaptación da escala ou os acabamentos.
  1. c) Actuacións no espazo agrario:
  • Actuacións de ocultación, mediante vexetación ou outros elementos, daqueles bens ou elementos con forte impacto sobre o campo visual do Camiño; por exemplo, naves gandeiras.
  • Actuacións de demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico.
  • Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos.
  • Actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso.
  1. d) Actuacións de naturalización:

Incorporación de vexetación como elemento integrador das construcións e das vías, como arboredo e vexetación arbustiva de acompañamento do camiño, e mellora do axardinamento en xeral.

  1. e) Actuaciónsno trazado do camiño:

Actuacións de substitución de elementos de mobiliario urbano e similares.

Todas as actuacións deberán executarse seguindo as indicacións que se recollen nas bases.

PRAZOS DE SOLICITUDE

Ata o 4 de marzo (ou ata esgotamento do crédito)

MÁIS INFORMACIÓN

Ligazón:

TU501D – Ayudas para actuaciones de mejora paisajística y de embellecimiento de bienes y recursos que se encuentren en el Camino de Santiago. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210204/AnuncioG0256-180121-0001_gl.html

Pin It on Pinterest

Share This