Axudas para cursar un máster universitario en Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, para o curso 2020/21.

Requisitos

  1. Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
  2. Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
  3. Estar matriculado no curso académico 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  4. Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
  5. Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía da axuda

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2020.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A

Máis información no DOG do 28 de setembro de 2020 e en orientacion.sug@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es