Axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos agrícolas

A persoa titular da explotación debe comunicar os prexuízos sufridos no prazo de 3 días

Axudas da Xunta (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) dirixidas a paliar os danos en cultivos provocados polo xabaril. Poderan optar a elas:

-As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

-As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

O importe máximo da axuda por persoa beneficiaria establécese en 2.000 euros.

REQUISITOS

Para poder optar a estas axudas, a persoa titular da explotación ou terreo afectado debe poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo de 3 días dende a produción do daño.

Poderá comunicalo mediante unha chamada ao teléfono 012 en horario hábil. Na chamada facilitaráselle un código de identificación que servirá para acreditar a comunicación e identificar o expediente.

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809E&ano=2021&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This