Axudas para prevención de danos causados por fauna silvestre (xabaril, lobo e oso)

Destinadas á adquisición de pastores eléctricos

Xa está aberta a convocatoria de axudas para prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre (xabaril, lobo e oso). As axudas están destinadas tanto a explotacións agrarias como a particulares con explotacións agrarias para autoconsumo e van destinadas á adquisición de pastores eléctricos.

Na zona de Oia, a liña que se pode solicitar é a prevención de danos ocasionados polo xabaril.

As axudas van dende 150 euros ata 600 euros, dependendo de varias premisas (explotación de autoconsumo, número de reses, tipo de pastor, etc..)

 PRAZOS DE SOLICITUDE

Ata o 12 de febreiro.

 MÁIS INFORMACIÓN

Máis información na ligazón da sede electrónica da Xunta relativa a este procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809D&ano=2021&numpub=1&lang=es

Pin It on Pinterest

Share This