Axudas para proxectos do sector pesqueiro

Subvencións do GALP destinadas a iniciar un novo negocio ou para ampliar, renovar ou modernizar unha empresa

Convocatoria de subvencións para proxectos vinculados ao mar nos concellos da área de influencia do GALP Ría de Vigo- A Guarda (entran os proxectos nos  concellos de Oia, A Guarda e O Rosal, entre outros). Trátase de axudas para iniciar un novo negocio ou para ampliar, renovar ou modernizar unha empresa.

 FINANCIAMENTO

– Ata 100% – Investimentos non produtivos de interese colectivo.

– Ata 50% – Outros investimentos non produtivos.

– Ata 80% – Investimentos produtivos da pesca costeira tradicional.

– Ata 50% – Outros investimentos produtivos.

BENEFICIARIOS

Persoas emprendedoras e empresas da área de influencia do GALP Ría de Vigo-A Guarda.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN NO PROCEDEMENTO

Ata o 1 de marzo.

 MÁIS INFORMACIÓN

Podes informarte sobre os requisitos destas axudas nos teléfonos: 986 35 81 09 / 646 87 31 06

Máis información sobre o procedemento nas ligazóns:

https://galp.xunta.gal/como-presentar

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A