Outro ano máis, a Cabalgata de Reis en Oia, foi un éxito

O Concello de Oia organizou por segundo ano consecutivo a Cabalgata dos Reis Magos.

Os Reis percorreron as seis parroquias do Concello, repartindo centos de caramelos e ilusión aos máis cativos.

O percorrido foi o seguinte: A Portela (11h), Mavia/Santa Comba (11.30h), Praza Loureza (12h), Praza Burgueira (12.30h), Praza de Torroña (13h), Casa Cultural Viladesuso (15h), Casa Cultural Pedornes (15.30h), Baixada Mosteiro co desfile da Rondalla de Mougás (16h).

A continuación, se recibiron aos Reis no CEIP Mestre Manuel García, que pasaron a saudar ao Belén vivinte, e logo atenderon as demandas dos máis pequenos e lles deron un agasallo e máis caramelos.

Houbo chocolatada para todos e animación infantil co grupo “Marexada”.

Por último, os Reis visitaron ó Centro Cultural de Mougás onde fixeron as delicias dos maiores e dos máis cativos.