Campamentos Polideportivos 2020 – Príncipe Felipe

Abriuse o prazo para inscribirse no programa Campamento Polideportivo 2020

Poden participar neste programa da Deputación de Pontevedra os rapaces e rapazas de Oia nacidos entre os anos 2006 e 2013, incluidos.

Prazo de presentación

O pasado día 24 de febreiro abriuse o prazo de 15 días hábiles para inscribirse.

Actividades

O programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, entre os meses de xullo e agosto, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal.

Entre as actividades hai saídas ao medio natural, tiro con arco, obradoiros e actividades acuáticas.

Obxectivos

  • Ensinar as mozas e mozos a desenvolverse nun medio afastado da súa familia, potenciando a súa maduración.
  • Desenvolver a sociabilidade e o dinamismo multicultural.
  • Inculcar hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico.
  • Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza.

Lugar de realización

O campamento realizarase no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra.

Máis información

https://www.depo.gal/campamentos-polideportivos