Campaña para o fomento da separación de residuos

Dado que este proceso precisa claramente a colaboración dos veciños e veciñas, o Concello comeza esta nova campaña de concienciación, para lembrar, dunha maneira sinxela e clara, en que consiste a recollida selectiva e os tipos de residuos que se poden separar, así como o uso dos composteiros individuais.

Destacamos a importancia da reciclaxe para o medio ambiente, para diminuír o coste do lixo e evitar a subida da tasa, e para contribuír á mellora da sostenibilidade.

A primeira charla será na Casa Cultural de Mougás, o 22 de decembro, e será impartida por Fernando Agrafojo, do departamento de Medio Ambiente. Irá acompañada de impresos en papel e campaña a través de internet.