Obras

Rematan as obras de humanización da contorna das antigas escolas e das vivendas de mestres de Loureza

Rematan as obras de humanización da contorna das antigas escolas e das vivendas de mestres de Loureza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia e cofinanciada ao abeiro das achegas do Plan Hurbe | O proxecto permitiu mellorar a accesibilidade e a imaxe desta zona, aumentou o espazo veciñal e creou unha praza de uso público dotada con bancos, arborado, vexetación, céspede, varandas de protección e muros de contención e delimitación das parcelas privadas | “Colaboramos cunha obra fundamental para rematar a restauración perfecta desta contorna despois de que, en anos anteriores, se completara a rehabilitación de todos os edificios para usos socioculturais e vivendas sociais”, explicou o representante autonómico

O Concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza

O Concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo | A nova pasarela sostense a través dunha solución de cables en suspensión enganchados a macizos de formigón e conta cunha plataforma entarimada en material sintético para favorecer a súa durabilidade | Trátase dun importante recurso turístico para peóns e ciclistas na contorna de Monte Redondo e Cova do Lobo, onde se proxecta unha aula da natureza, e para dotar de máis atractivos un municipio clave do Camiño Portugués pola Costa

Rematan as obras de mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval

Rematan as obras de mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta dobre actuación na parroquia de Burgueira, financiada coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes

O Concello de Oia acondiciona a “Fonte do Porto”

O Concello de Oia acondiciona a “Fonte do Porto”

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas por case 40.000€ a concellos e particulares de Tui, Oia, A Guarda e Tomiño para apostar pola mellora estética ao abeiro da orde do fermosismo

Pin It on Pinterest