Centralización dos pacientes de Oia con sospeita de Covid-19 no Centro de saúde de A Guarda

A partir de hoxe, luns día 23 de marzo, vaise centralizar en determinados centros de saúde a atención aos pacientes con sospeita de padecer infección respiratoria por Coronavirus, coa fin de ofertar unha atención máis eficaz e resolutiva á cidadanía, ao tempo que se intenta protexer e preservar a saúde dos equipos de profesionais fronte ao coronavirus

Nesta fase de contención da epidemia, continuarase coa atención dos pacientes na modalidade de cita telefónica, e a asistencia urxente que se poida xerar nos centros e saúde e Puntos de Atención Continuada (no caso de Oia no PAC, Centro de Saúde, de A Guarda).

No caso de pacientes con sospeita COVID-19 de Oia, xunto co O Rosal e A Guarda, se centraliza a atención no CENTRO DE SAÚDE DE A GUARDA.

O Centro de Saúde de A Guarda conta cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual (EPI’s) que coordinará a dispoñibilidade permanente destes equipos -necesarios para a atención deste tipo de pacientes-, que se utilizarán conforme ao protocolo do Servizo de Medicina Preventiva da Área.

A cidadanía debe chamar por teléfono

Co obxecto de evitar as concentración nas salas de espera e os contactos entre usuarios nos centros sanitarios, a autoridade sanitaria da Área de Vigo ten promovido a modalidade de atención non presencial, que é a consulta telefónica.

Así, os usuarios deben chamar por teléfono ao seu Centro de Saúde (986 36 23 44) e Punto de Atención Continuada (986 61 44 50) antes de achegarse ao mesmo. Serán os profesionais os que, se o consideran necesario, indicarán a realización da proba diagnóstica do coronavirus.

Se agradece a colaboración da cidadanía no cumprimento destas, e doutras medidas que se vaian adoptando.