Charla informativa sobre prevención de roubos e timos en Pedornes

A Casa Cultural de Pedornes acollerá o próximo venres 7 de xuño unha charla informativa sobre prevención de roubos e timos. A actividade desenvolverase a partir das 18.00 horas e é preciso inscribirse previamente.

A actividade será impartida pola Cruz Vermella do Baixo Miño e conta coa colaboración do Concello de Oia.

Para información e inscricións pódese contactar coa Cruz Vermella do Baixo Miño no número de teléfono 986.61.46.09 ou no enderezo electrónico laguardia@cruzroja.es.

Pin It on Pinterest

Share This