Charla sobre técnicas de estudo

O Concello organiza unha charla gratuíta sobre Técnicas de Estudo dirixida a pais e nais de alumnos de primaria e secundaria, que se celebrará o martes 27 de febreiro ás 16 h, no CEIP refoxos.

A charla será impartida pola psicopedagoga Silvia Barreiro Mariño, e se falará de responsabilidade, de motivación e de estratexias e recursos que podemos levar a cabo para axudar a mellorar o seu rendemento escolar.