Comeza en Oia un curso de ocio activo e saudable para nenos

Este luns, 1 de agosto, deu comezo o Curso de Ocio Activo e Saudable dirixido aos nenos e nenas de primaria, impartido pola Educadora Familiar.

Se celebrará no mes de agosto: no Colexio Mestre Manuel García, os luns, en horario de 12 a 14 horas; e na Casa Cultural de Burgueira, os mércores, en horario de 11 a 13 horas.

O obxectivo que se persegue con este curso é proporcionar una maior accesibilidade as familias co obxectivo de promover actividades lúdicas, fomentar o uso do tempo libre de forma saudable e coñecer mellor as necesidades dos nenos e nenas do Concello.

As actividades están divididas por semanas, e se realizarán xogos de presentación, autoestima, desinhibición, confianza, alimentación saudable, expresión musical e corporal e manualidades.

A Alcaldesa, Cristina Correa, quen asistiu a esta primeira xornada, destaca que este traballo é resultado da importante labor que ven a realizar a Educadora Familiar, quen se incorporou o pasado 2 de maio, empezando por atender a 10 familias que se adheriron ao Programa de Educación Familiar, o que permite coñecer as necesidades das familias do concello para así traballar de forma integral e poder obter obxectivos máis globais e consolidados.

Pin It on Pinterest

Share This