Concurso debuxo infantil “OS REIS MAGOS CHEGAN A OIA”

O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis.

No concurso poderán participar todos os nenos e nenas que estean matriculados nalgún dos centros escolares de Oia (CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos) e a técnica a empregar é libre: acuarelas, lapis de colores, pinturas de cera, rotuladores, etc.

O traballo gañador ilustrará o cartel do Concello de Oia sobre a Cabalgata de Reis. Haberá tres premiados, os cales recibirán un agasallo o día 5 de xaneiro despois da Cabalgata.

Os debuxos deberán presentarse nos colexios, en horario escolar. O prazo de entrega xa está aberto e remata o día 30 de novembro.

Pin It on Pinterest

Share This