Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Estas axudas están dirixidas  á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes dun mes comezou o pasado 27 de febreiro, día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis información

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Pin It on Pinterest

Share This