Cursos de manipulador de alimentos e resolución de conflitos

Cruz Vermella Baixo Miño en colaboración co Concello, organiza un curso de Manipulador de alimentos e outro de Análise e resolución de conflitos, ambos gratuítos.

O curso de manipulador de alimentos se celebrará o 7 de novembro, en horario de 9.30 a 13.30; e o curso de Análise de resolución de conflitos, os días 12 e 14 de novembro, de 9 a 14 h, ambos no Centro cultural de Santa María de Oia.

Para inscribirse chama ao Tlf. 986 614 609 ou envia un e-mail a laguardia@cruzroja.es.

Tamén no tfno. do Concello 986 362 125. O prazo remata o día 6 de novembro.

Pin It on Pinterest

Share This