Daniel Domínguez se proclama campión provincial de Compack Sporting

Daniel Domínguez, de 29 anos e natural de A Portela, proclamouse campión provincial de tiro ao plato na modalidade Compack Sporting o pasado 14 de maio no campo do río Lérez.

Comezou aos 21 anos a practicar este deporte; o ano pasado quedou subcampión galego desta modalidade, e nos anos 2012 e 2015 subcampión provincial.

Daniel lembra que sempre tivo ilusión por esta afición. Xa cando tiña seis ou sete anos, se o seu pai non o levaba ao monte con él, se enfadaba.

Se iniciou cos consellos de Miguel Blanco, sendo agora José Antonio Vasconcellos (Toy), quen o axuda, ao que está moi agradecido.