Daniel Domínguez, subcampión do campionato provincial de tiro ao prato

Daniel Domínguez, de 30 anos de idade, se proclamou, o pasado 22 de abril, subcampión provincial de tiro ao prato no XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, que se celebrou no campo de tiro Fronteiriñas de Figueiró, Tomiño. Daniel conseguiu romper 85 pratos de 100, frente os 90 que acadou o primeiro posto.

Dani comezou con 21 anos neste deporte pisando forte, nestes últimos anos cabe destacar o seu gran resultado na modalidade Compack Sporting, quedando no 2017 Campión provincial, e no 2012, 2013 e 2016, subcampión provincial.