Barrio do Arrabal

Descrición

Barrio nado ao abeiro do Mosteiro de Oia onde se poden atopar exemplos de arquitectura tradicional, un cruceiro do século XVIII, os edificios de antigos cárceres, o lugar da Picota e a capela de San Sebastián, entre outros puntos de interese.

Así mesmo, na enseada fronte a praia do Mosteiro destacan os restos da Camboa, unha sorte de pesqueira empregada no pasado para a captura de peixe.

Nunha construción do Arrabal tamén apareceu, reempregada como lintel, a única lápida coñecida da tumba dun abade do Mosteiro (século XIII).

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese paisaxístico e histórico-artístico. Contorna de boa accesibilidade.

Situado no Camiño de Santiago pola Costa.

Localización

Pin It on Pinterest