Castro de Chavella

Descrición

Miradoiro ao Atlántico, este enclave alberga vestixios arqueolóxicos da Idade de Ferro, como a súa impoñente muralla monumental, moi similar á que se pode observar no castro da Cabeciña.

As sondaxes arqueolóxicas desenvolvidas en diversos puntos deste xacemento non lograron localizar vestixios correspondentes a un poboado castrexo, se ben cabe a posibilidade de que estes restos se perderan por una reocupación posterior (altomedieval ou medieval) do espazo.

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese paisaxístico e arqueolóxico.

Pódese chegar en vehículo ata as inmediacións.

Nas proximidades atópase o curro da Valga, as turbeiras da Valga e a Casa Forestal de Oia.

Localización