Castro e Miradoiro da Cabeciña

Descrición

O enclave arqueolóxico da Cabeciña ten a singularidade de albergar un área con petróglifos da Idade de Bronce (no segundo milenio antes de Cristo) e un castro cuxos vestixios falan dun largo período de ocupación durante a Idade do Ferro.

O panel principal de gravados rupestres, unha laxe desde onde se poden contemplar unhas excepcionais vistas ao Atlántico, componse esencialmente de liñas curvas e combinacións circulares incompletas, engarzadas unhas con outras. Trátase de motivos pouco frecuentes nos gravados galaicos e que lembran a gravados atopados en monumentos megalíticos da Bretaña francesa.

En canto ao castro, destaca a súa muralla monumental e o amplo dominio visual desde este punto, que permite ter controlada a enseada de Mougás, un dos poucos portos naturais nesta zona de abrupta costa. As campañas arqueolóxicas desenvolvidas no lugar revelaron unha longa ocupación deste poboado fortificado, desde o século VIII a.C. ata a chegada de Roma (aprox. século I d.C.).

Forma parte da Ruta Máxica de Oia.

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese arqueolóxico e paisaxístico.

Petróglifos visibles a calquera hora do día, aínda que se recomenda a visita cara á tardiña para aproveitar as mellores condicións de luz.

Accesible en vehículo privado.

A Asociación Costa dos Castros organiza visitas guiadas polo patrimonio de Oia. Para máis información contactar en www.costadoscastros.com.

Localización