Castro e Miradoiro de Cano dos Mouros

Descrición

O castro, sen escavar, atópase ao carón da estrada e desde alí pódese distinguir a muralla monumental que rodea o recinto.

Forma parte da Ruta Máxica de Oia.

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese paisaxístico (recomendable para contemplar o solpor) e arqueolóxico.

Nas inmediacións atópase unha rocha coñecida como a “Cadeira do Rei Sol”, pois unha das lendas deste lugar fala dun rei da antigüidade que cada día se achegaba alí a contemplar o Solpor.

No mes de setembro organízase o Festival do Rei Sol.

Nas proximidades atópase o bosque das Sobreiras do Faro (1,5 km, pola Ruta Máxica).

Localización