CASTRO E PETROGLIFOS DE CABECIÑA

Trátase dunha elevación do terreo situada a 3,5 Km de Punta Centinela onde podemos atopar restos dunha fortificación castrexa reutilizada na Edade Media, grazas á súa situación estratéxica.

En torno ao recinto hai grupos de cazoletas (pequenos hocos semisféricos) nas rocas graníticas, formando parte dun conxunto de grabados rupestres, onde se observan círculos incompletos e figuras arriñonadas, semellantes ás decoracións dalgunhas cámaras funerarias megalíticas da fachada atlántica europea.