IGREXA DE BURGUEIRA

Na súa orixe foi románica, pero reconstruida en 1808 xa non ofrece ningún elemento desa época. Nas súas inmediacións ofrece interese a casa rectoral, de arquitectura sólida e recia, que amosa o seu aspecto de casa-fortaleza.

Pola parroquia e relacionados coa tradición popular existen unha serie de cruceiros de indudable atractivo. Queda en ruinas nunha propiedade privada a capela de Santo Domingo, que no seu día formou parte da granxa do mosteiro de Oia.