IGREXA DE LOUREZA

Ó carón do río Carballas, seguindo en dirección O Rosal, atopámonos co derradeiro núcleo de Oia no lugar de Acevedo, que ofrece rincóns de interese natural e etnográfico, se cruzamo-lo río está a igrexa parroquial de Loureza construida no século XVIII.

Nesta zona estivo ubicado un antigo mosteiro, enclave do que se nutriu nos seus inicios o de Santa María de Oia e que aparece citado en 1137.