O ARRABAL

Ó amparo do mosteiro creceu o núcleo do arrabal. Na pequena praza de Centinela, mirador ideal sobre o porto e o mosteiro.

Conserva un interesante cruceiro que indica a data de construcción en 1764 e o doante. Tamén se identifica pola súa placa a primitiva casa do concello ó comezo de rúa.

Este barrio constitue uns dos núcleos máis atractivos da parroquia de Sta. María de Oia, a súa rúa central hoxe denominada Vicente López era o paso obrigado da estrada e no seu estado actual todavía ofrece varias casas de interese que reflicten a arquitectura galega tradicional, sobre todo as que se restauraron para servicios de hostelería ou a fachada da rectoral da parroquia.