Petróglifo de Auga dos Cebros

Descrición

Un dos elementos máis singulares do patrimonio arqueolóxico de Oia e da arte rupestre galaica, pois representa unha embarcación mediterránea do II Milenio a.C.

Esta representación axuda a entender as temperás relacións entre a cultura atlántica e a mediterránea, en contacto desde épocas prehistóricas. Este modelo de embarcación, único en toda a costa atlántica europea, remite a modelos cretenses ou exipcios.

O panel está composto polo gravado dunha embarcación, de tipoloxía aparentemente mediterránea, e completa a composición unha manda de cérvidos. Atópase na contorna do río Vilar.

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese arqueolóxico.

Camiño de dificultade intermedia. Os gravados carecen de sinalización no punto concreto.

Para facilitar a visita e o recoñecemento dos gravados, a Asociación Costa dos Castros organiza visitas guiadas á zona. Contacto en www.costadoscastros.com

Localización