Sobreiras do Faro

Descrición

Este sobreiral que crece no canón do río Broi, ao abeiro dos ventos oceánicos, é o bosque mediterráneo máis occidental de Europa.

Trátase do primeiro Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) de Galicia e está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Forma parte da Ruta Máxica de Oia.

Recomendacións e información adicional

Enclave de interese natural e paisaxístico.

Moi próximo  ao castro e miradoiro de Cano dos Mouros (a 1,5 km seguindo a Ruta Máxica).

Localización