Divertidísima actuación de “Os mellores do ghrupo” na semana Cultural de Pedornes

Un ano máis, o grupo de teatro “Os mellores do Ghrupo” de Santa María de Oia, nos sorprendeu cunha obra de teatro divertida e dinámica: “A idade do Pavosaurio”, que representou o pasado sábado 18 de novembro, na XXXI Semana Cultural de Pedornes. Aínda lembramos con gañas aquela “Maruxiña bailona”, tamén moi entretida e divertida.

“Os mellores do Ghrupo” comezou a súa andadura en marzo do 2015, cando a profesora do Curso de ximnasia de Cruz Vermella, Carmen Martínez, pediu voluntarios para facer unha pequena representación con motivo da entrega de diplomas que se acostuma facer ao rematar cada curso. Se xuntaron dez compañeiros e compañeiras, e así comezaron a compartir este gran hobby. A primeira obra se chamou “O traxe do Emperador” e se representou inicialmente só para o grupo de Ximnasia. Pero dado o éxito acadado, se representou tamén na casa cultural de Mougás, con gran acollida por parte do público.

E dende entón, estes homes e mulleres non paran. O seu obxectivo é rirse e facernos rir. Ademais, fan actuacións benéficas para Cruz Vermella, o ano pasado actuaron no Concello do Rosal e fixeron unha recollida de alimentos para SOS Tomiño. Este ano colaboran coa asociación San Francisco de Padua, o 2 de decembro en A Guarda.