DOAZÓN DE SANGUE: Sta. María de Oia 9 de novembro

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) visitará o municipio de Oia o LUNS 9 de NOVEMBRO. O autobús deste servizo permanecerá diante da Casa do Concello entre as 16.00 e 21.00 horas

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

 As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores. Para solicitar cita previa pode chamar ó número de teléfono 900 100 828.

Poderán doar sangue as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg. En canto á documentación necesaria, cómpre acudir á cita coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

A doazón de sangue é un proceso sinxelo que dura tan só 10 minutos e, con el, contribúese a salvar vidas. Cada día, en Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns para atender urxencias, intervencións cirúrxicas e outras asistencias sanitarias.

SANTA MARÍA DE OIA:

UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CONCELLO

Luns, 9 de novembro 16:00 a 21:00 horas

Pin It on Pinterest

Share This