Eliminación do plumeiro da pampa

Se lembra aos veciños/as a obriga de eliminar das súas fincas o Plumeiro da Pampa, debendo arrincalo de raíz.

Hai que ter en conta que a semente desta planta invasora se despraza doadamente pola acción do vento, a longas distancias fora do seu hábitat natural, colonizando todo ao seu paso con facilidade. A súa eliminación debe ser tomando as medidas necesarias para que non se expanda a semente.

A proliferación desta planta non autóctona supón un risco grave para a flora nativa, polo que DEBE SER ELIMINADA.

Ademáis, son plantas que poden acadar a altura de ata dous metros e cando se secan son altamente inflamables, o que supón un alto risco de incendio.

O INCUMPRIMENTO da tarefa de eliminación destas plantas, dará lugar á emisión de ordes de execución por parte do Concello, e, en caso de desatención destas, o Concello poderá utilizar calquera medio de execución forzosa legalmente admitido, en virtude das previsións dos art. 135 e 136 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This