Eliminado o punto de vertido incontrolado no Concello de Oia, en O Cabezo-Mougás

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia finalizou os traballos de eliminación do punto de vertido incontrolado que había na parroquia de Mougás, alto do Cabezo.

A Alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, explica que esta era unha das principais demandas dos veciños: “inicialmente valoramos acometer dende o Concello os traballos, pero ao tratarse de residuos misturados, o custo do seu tratamento cun xestor autorizado era moi elevado, resultando imposible realízalo este ano contra o orzamento do Concello. Ante esta situación, solicitei colaboración a Xunta de Galicia, quen estudiado o caso, autorizou levar a cabo esta actuación tan importante para o noso Concello”.

A intervención durou dúas semanas e eliminaron aproximadamente mil toneladas de residuo mesturado de construcción.

A Alcaldesa amosa a súa satisfacción polo resultado e agradecemento, e explica tamén que cando se estaban executando estes traballos, tiveron coñecemento doutros puntos de vertido na subida da Valga e nun tramo do Camiño de Santiago portugués da Costa, circunstancia que foi posta en coñecemento da Xunta, que autorizou os traballos para a súa eliminación.