Éxito absoluto da VI BTT e Andaina – Chourizada Oia

Magnífica participación na VI BTT e ANDAINA da CHOURIZADA, con máis de 400 inscritos entre participantes na modalidade BTT e na modalidade de andaina.

A proba ciclista percorreu 35 kms dos máis bonitos do noso concello, e a andaina contou cunha animada explicación do noso Patrimonio.

O rematar na Casa de Cultura de Oia se celebrou a tradicional Chourizada, amenizada co grupo local “Ventos do Valdarca”.