Éxito do I Intercambio Cultural entre Oia e a Freguesía de Oiã

Os Colexios Mestre Manuel García e Refoxos, da man do Concello, concluiron con éxito o I Programa de Intercambio cultural coa Freguesía de Oiã.

Aproximadamente uns 18 alumnos de 5º e 6º de primaria, e os seus profesores, xunto coa Alcaldesa, visitaron a Freguesía o pasado 20, 21 e 22 de abril, onde foron recibidos polo Presidente do Executivo, Víctor Oliveira e os mestres da Escola Básica Dr. Fernando Peixinho, de Oiã. Tiveron ocasión de coñecer as escolas, de visitar ao Presidente da Cámara de Oliveira do Barro, de coñecer Aveiro, entre outras actividades programadas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para os xóvenes, que lles axuda a madurar e coñecer outras culturas, e que esperamos repetir para o vindeiro curso.