Éxito do proxecto “RADIO ARRABAL” do CEIP Mestre Manuel García

O CEIP Mestre Manuel García, continúa co proxecto “Radio Arrabal” implicando aos alumnos e alumnas de 5º de primaria. Se trata da primeira radio escolar, e o obxectivo é acadar a participación de toda a comunidade escolar, e a mellora da comprensión oral e escrita de forma divertida.

Os alumnos participantes se encargan de buscar as noticias de interese, redactalas e lelas en Radio Arrabal. As emisións podedes escoitalas na web do Colexio:

www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/